Lucía Vilariño Alvaredo

Política e Historia. Por Lucía Vilariño Alvaredo.

Estás leyendo sobre «amar»

Penar

Choro de pena. Apénanme os homes e en menor medida as mulleres. Apenados todos, agora, que buscades refuxio nos nosos brazos. Nos nosos corpos fortes que sosteñen o voso, o propio, o de todos, e que ademáis abeiran a vida. No interior gardámolo todo, e iso nótase. Por isto ansiades posuírnos, xogades a tentar desarmarnos, a coñecernos con trampulladas de uliscón. Debe ser moi difícil comezar así: “Querida señora Milena: la lluvia, que ha durado dos días y una noche, acaba de cesar, probablemente solo de modo provisional; sin embargo es un acontecimiento digno de celebrarse, y yo lo celebro escribiéndole”. Kafka puido dar a razón ao seu medo porque soubo coidalo ao mesmo tempo, é dicir, “tratar de explicar que no debo tenerlo”. -¿Qué puede haber en mí digno de ser amado?, preguntouse. -Eso, sin embargo, sí lo es. Falar dos ‘infernos’ dende unha ‘esperanza intranquila’ que é a ‘vida boa’ cando é compartida. En moi poucos momentos se lle deu, e a quen si?, pero cantos máis poden recoñecer o amor na súa soidade.

LEER MÁS

-Ti sabes o que é amar?

Pregunteille ao meu compañeiro por entón. Esta consulta xerou nel certo malestar que provocou que se sentira máis cuestionado que coa capacidade de expresar unha reflexión meditada e vivida sobre o que o amor podía ser. Eu entristecínme e pensei ao mesmo tempo que amar tiña máis que ver con coidar as diferenzas e as fraquezas, aquilo que non gosta tanto da outra persoa ou que a fai diferente, que nun envorco súbito -e bastante narcisista- do entusiasmo -por se queda algunha dúbida, propio-. Neste sentido e interpretando a Benjamin, amar era máis parecido a aloumiñar as contrapartes máis escuras e menos desexadas, as que non locen nin brillan ao momento porque requiren do tempo e talento para ser descobertas. «…Es justamente aquí, en lo imperfecto y reprochable, donde anida la arrebatada emoción amorosa del amante…»

LEER MÁS